Teclado Galego Android é o primeiro teclado en galego feito en Galicia. Esta aplicación permítenos escribir cunha perfecta corrección ortográfica en galego. Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluindo a lingua galega. Características * De balde!: Teclado Galego é totalmente gratuíto. Non tes nin terás que pagar por el. * Software Libre: Nútrese do Teclado AOSP (Android Open Source Project) de Google, polo que inclúe todas as vantaxes do software libre. Usao sen límites. * Usabilidade: Permite escribir no teu dispositivo sen preocuparte das faltas de ortografía e dos erros parvos que se cometen ao escribir rápido. Ademais ten un deseño moi intuitivo e doado de usar. * Escritura xestual: Forma palabras facendo correr o dedo sobre a pantalla, unindo letras. Por fin poderás facer malabarismos e escribir de xeito sinxelo cunha soa man cando veñas cargado coas cincuenta bolsas da compra. * Preditivo: Canto máis empregues o teclado máis te coñecerá, mellorando así a súa capacidade preditiva. Suxireche palabras a medida que vaias escribindo. * En continua mellora: Escoitámoste para seguir mellorando o noso dicionario e dar un mellor servizo. Envianos suxerencias, a túa opinión é importante. A protección de privacidade dos nosos usuarios está totalmente asegurada xa que non almacenamos nada do que escribas.
Atualização de Teclado Galego 1.0.2
Corrixido o erro que en algún dispositivos non gardaba a configuración despois de apagalo.
APKFab.com e o link para download deste app são 100% seguros. Todos os links para download de apps listados em APKFab.com são da Google Play Store ou enviados por usuários. Para o app da Google Play Store, APKFab.com não o modificará de nenhuma forma. Para o app enviado pelos usuários, APKFab.com verificará a segurança da assinatura do APK antes de lançá-lo em nosso site.